Alternativa dos Veciños presenta o seu programa á veciñanza de Lorbé

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños presenta o seu programa á veciñanza de Lorbé municipais

[/vc_column_text][gem_youtube video_id=”GZXddj76LXs”][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Máis de 150 persoas participaron na cea fría que organizou Alternativa dos Veciños na localidade de Lorbé. O acto serviu para presentar a candidatura que se presentará ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio e para que o actual alcalde de Oleiros e candidato a alcalde, Ángel García Seoane, informara sobre os proxectos que ten previsto desenvolver Alternativa se volve recibir a confianza da maioría do pobo de Oleiros.

García Seoane comezou a súa intervención falando da situación crítica que se está a vivir na política por culpa dos grandes partidos. “Os intereses persoais provocan unha degradación moi importante, que causa unha forte división do voto e que podería facer España ingobernable”, dixo. “Vendo o que hai, estou meditando crear unha escola para formar políticos. Non hai máis que demagogos, vividores e oportunistas”, comentou en ton irónico.
A situación tamén é extensible á comarca da Coruña, por iso Alternativa dos Veciños vai presentar candidaturas para as eleccións municipais na Coruña, Bergondo, Arteixo, Cambre, Carral, Cerceda, Culleredo, Sada e Oleiros. “É necesario levantar as alfombras e airear os concellos. Queremos acabar coas políticas que impiden o progreso e que permiten a especulación e o caos urbanístico. É necesario dotar á comarca de infraestruturas como a vía Ártabra, o tren ao porto exterior, o Vial 18, a ampliación de Alfonso Molina e da Ponte da Pasaxe, o túnel de Sol y Mar…”, dixo García Seoane.

Alternativa dos Veciños, un grupo con 40 anos de historia, conseguiu desenvolver en Oleiros un proxecto político que hoxe goza dun amplo recoñecemento e que é envexado por moitos municipios. “Vivir en Oleiros é sinónimo de benestar, de calidade de vida, de cultura…”. Entre outras cuestións, a existencia dun Plan Xeral ofrece garantías xurídicas a particulares e empresas, o que posibilita un importante crecemento económico e a creación de novos empregos. “O polígono de Iñás cada vez ten máis movemento, vai haber seis novos comercios nos próximos meses. Tamén van abrir dous hoteis, unha residencia para persoas maiores…”, destacou.

Alternativa dos Veciños tamén vai seguir loitando para que a Xunta de Galicia mellore dunha vez por todas o transporte público en toda a zona norte do municipio. “As concesións das actuais liñas teñen que saír novamente a contratación nos próximos meses e nós estamos demandando continuamente, nas reunións ás que nos está chamando a Xunta, que as liñas que van ao norte do municipio teñan unhas frecuencias e uns horarios dignos. Os veciños de Dexo, Serantes e Maianca non poden ter un bus á Coruña cada 2 horas”, dixo.
Así mesmo anunciou importantes investimentos a nivel local, na zona norte do municipio, entre os que destacan o novo campo de fútbol e as beirarrúas desde a Casa do pobo de Lorbé ata o linde con Sada. “Era unha obra que tiña que facer a Xunta, porque a estrada é deles. Nós conseguimos o solo necesario para construír as beirarrúas e como a Xunta non quixo actuar, decidimos facelo nós directamente, conseguindo unha parte dos cartos a través da Deputación”, comentou o alcalde. Igualmente destacou a importancia da obra de conexión da vía Ártabra coa AP-9, que ten un custo de 40 millóns de euros, que xa se atopa en proceso de licitación e que debería comezar despois do verán.

Sobre o servizo de acceso a internet, Ángel García Seoane informou que a Xunta de Galicia concedeu unha subvención a unha compañía de telecomunicacións para instalar a rede de banda larga en distintas zonas de Oleiros, entre elas Lorbé e Aba. O alcalde explicou que o Concello de Oleiros está a presionar á administración autonómica para que a compañía que vai realizar a instalación non se demore, dada a importancia deste servizo para a actividade profesional e doméstica de numerosos veciños.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!