Alternativa presenta o luns no Casino a súa candidatura para acceder a María Pita

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Chema Paz Gago presentará a súa candidatura ao completo nun acto que terá lugar o vindeiro luns, día 27, ás 20 horas, no salón de actos do Sporting Club Casino da rúa Real da Coruña. Será un acto no que estarán presentes, ademais dos numerosos simpatizantes da Alternativa, o presidente Ángel García Seoane.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Ademais de ir presentando unha a unha as persoas que o acompañarán como candidatos e as temáticas principais que cada unha delas abandeirará durante proceso electoral, realizarán un repaso político á política local, que necesita dunha forza independente, participativa, con visión metropolitana e exenta de compromisos partidistas alleos para rexenerar a actual decadencia política da cidade.

Alternativa poñerá o acento da súa campaña en asuntos como o benestar da cidadanía, a rexeneración urbana, a sustentabilidade ambiental, o respecto aos animais e a responsabilidade metropolitana que debe ter a capital como cabeceira da área máis dinámica de Galicia, para conseguir ser o principal centro económico e urbano do noroeste peninsular.

O voceiro de Alternativa de Cambre, Raúl Varela, esixirá solucións e pedirá as explicacións pertinentes nas vindeiras comisións informativas que se celebraran o vindeiro xoves.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!