[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
En materia de mobilidade contámosvos tres medidas fundamentais que pretendemos poñer en marcha:
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]- Por unha parte, loitaremos -e buscaremos a implicación activa doutros concellos afectados- para que a Xunta de Galicia meta en cintura ás concesionarias das liñas de autobús e poidamos, cando menos, recuperar as frecuencias e horarios de transporte público que tiñamos ata hai ben pouco. É completamente inadmisible que teñamos ido para atrás en algo tan importante coma isto.
– Estudaremos a viabilidade e funcionalidade de contar con unha liña interior de bus (microbús) municipal para recoller á xente que precisa facer xestións, ao longo de todas as nosas parroquias. Con unhas frecuencias determinadas e ben pensadas trátase de achegar á xente (fundamentalmente maior e que non conduce) a lugares coma o concello, os centros médicos etc.
– Seguindo a liña do anterior, pactaremos cos profesionais do taxi de Bergondo, un sistema de bonotaxi, co mesmo obxectivo, achegar mobilidade e independencia á xente maior que non conduce ou que non se pode permitir pagar un taxi cada vez que ten que facer unha xestión básica da súa vida.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]