[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños presenta a lista electoral de Bergondo para as eleccións municipais
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños presentou ás persoas que forman a lista electoral coa que se concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio en Bergondo. A candidatura, que encabeza o actual primeiro tenente de alcalde Juan Fariña, está formada por un grupo de mulleres e homes de diversas parroquias que representan unha ampla variedade de sectores sociais, e que pretenden acadar a alcaldía para dotar a Bergondo dun planeamento urbanístico que permita mellorar a calidade de vida da veciñanza.
A lista será a seguinte:
1. Juan Antonio Fariña Pedreira (Santa Marta de Babío) – Concelleiro desde 2011, actual primeiro tenente alcalde e responsable das áreas de Infraestruturas, Urbanismo e Medio Ambiente.
2. Eloy Babío Veiga (Cortiñán) – Concelleiro desde o 2013. Actual responsable de Servizos municipais.
3. Ana Belén Bestilleiro Matos (Lubre) – Moza de almacén, anteriormente vencellada á Sociedade de Lubre.
4. Pablo Saavedra Saavedra (Ouces) – Técnico en telecomunicacións e electrónica industrial.
5. Maricel Miramontes Vidal (Moruxo) – Informática.
6. José Antonio Rodríguez Lorenzo (Bergondo) – Taxista, técnico en instalación e liñas.
7. Pablo Santiso Vázquez (Guísamo) – Estudante de Filoloxía Galega.
8. María Dolores Trillo Cabana (Santa Marta de Babío) – Licenciada en Historia, redactora dun programa da TVG.
9. Manuel Pousada Canle (Bergondo) – Xoieiro e comercial
10. Iria Gómez Carro (Guísamo) – Estudante de arquitectura, presidenta da Comisión de Festas de Guísamo.
11. Victoriano Esteban Segurola (Vixoi) – Director comercial.
12. María Begoña Loureda Casal (Cortiñán) – Técnica auxiliar de enfermaría.
13. José Manuel Antelo Santamaría (Lubre) – Comercial, presidente da Comisión de Festas de Lubre no 2016 e 2017.
SUPLENTES: Ana María Álvarez Eiroa (Cortiñán), María Belén Sánchez Sánchez (Ouces), José Ramón Vizcaíno Sánchez (Bergondo), Mercedes Sánchez Lorenzo (Bergondo) e Juan José Martínez González (Moruxo).
Un dos principais obxectivos para Alternativa dos Veciños é lograr que o PXOM, que se atopa en fase de tramitación, se aprobe o antes posible para acadar melloras en todos os ámbitos e un nivel de benestar óptimo en todas as parroquias. A falta de planificación impide un crecemento ordenado e sostible que lastra as posibilidades de futuro do municipio.
As persoas que ocupan os dous primeiros postos da lista de Alternativa dos Veciños en Bergondo, Juan Fariña e Eloy Babío, están a desenvolver un traballo importante en beneficio de todos os cidadáns e cidadás desde a súa entrada no Goberno municipal, hai máis de dous anos. Ademais dos avances logrados nas súas respectivas áreas, están a amosar que malia non existir maiorías si é posible conseguir un Goberno estable para poder servir á cidadanía.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]