Alternativa dos Veciños presenta a lista de Arteixo para as municipais

[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños presenta a lista electoral de Arteixo para as eleccións municipais

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños presentou ás persoas que forman a lista electoral coa que se concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio en Arteixo. A candidatura, que encabeza Antonio Patiño, está formada por un grupo de mulleres e homes veciñas e veciños de Arteixo, que pretenden cambiar as actuais políticas do Partido Popular e conseguir, entre outras cousas, aprobar un Plan Xeral urbanístico que permita acabar co actual caos no desenvolvemento de Arteixo.

A lista será a seguinte:

1. Antonio Patiño Pérez – Fundador da Asociación de Veciños Ponte dos Brozos, ex-subdirector provincial do INEM.
2. Noelia Martínez Canosa – Técnica auxiliar de enfermaría no SERGAS.
3. Juan Carlos Lorenzana Naveira – Administrativo e contable.
4. Isabel García Patiño – Diplomada en Maxisterio.
5. Manuel Eduardo Queijeiro Vázquez – Enxeñeiro agrícola.
6. Estefanía Sánchez Barreiro – Licenciada en filoloxía inglesa.
7. Juan Vázquez Vázquez – Emp. da metalurxia.
8. María Pilar Pérez Mosquera – Estudante de Dereito.
9. Brahim El Ghotiss El Ghotiss – Estudante de socioloxía.
10. María Aurora Amado Carneiro – Xubilada por discapacidade.
11. José Manuel Rumbo Bouzas – Enxeñeiro industrial.
12. María José Abad García – Panadeira.
13. José Martínez Martínez – Soldador.
14. Rosa Naya Lorenzo – Enfermeira do SERGAS.
15. Samuel Pasandín Loureiro – Licenciado en Dereito.
16. Zaida Jesusa Iglesias Louzán – Técnica de Farmacia.
17. José Manuel Amado Carneiro – Empregado do INEM.
18. José Manuel Mato Sanz – Empresario da construción.
19. J. Marcial Fraga Fraga – Albanel encofrador.
20. Olga Oliveira Cambeses – Graduada Social.
21. Manuel González Teijeiro – Ex-conserxe de centro educativo.

SUPLENTES: César Antonio Patiño Molina, Rosario Álvarez Mosquera e Eliseo Pazos Montes.

Un dos principais obxectivos para Alternativa dos Veciños é lograr a aprobación do PXOM para frear a improvisación no desenvolvemento urbanístico e a degradación da paisaxe e do medio ambiente. A falta de orde reduce as posibilidades de futuro do municipio e impide a existencia de novos equipamentos públicos e zonas verdes.

Alternativa dos Veciños preséntase en Arteixo para cambiar as políticas do Partido Popular, non para que todo siga igual senón para conseguir unha mellor calidade de vida e benestar social para toda a veciñanza do noso concello. Arteixo necesita un cambio de rumbo para acabar cos parches e a falta de planificación.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!