[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños presenta a candidatura e o programa electoral en Montrove
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Máis de 200 veciños e veciñas de Montrove participaron na cea fría que organizou Alternativa dos Veciños. No acto presentáronse as persoas que forman a lista electoral para as municipais do 26 de maio e o alcalde e candidato á alcaldía, Ángel García Seoane, explicou o programa que ten previsto desenvolver Alternativa se volve recibir o apoio maioritario do pobo de Oleiros.
Ángel García Seoane denunciou, unha vez máis, que ningún dos dous últimos Gobernos de Madrid realizou as obras previstas no cruce de Sol y Mar. Malia contar con partida orzamentaria, nin o PSOE nin o PP chegaron a contratar esta importante obra para mellorar a mobilidade de toda a comarca. García Seoane tamén lamentou o atraso que acumula a instalación das dúas pasarelas peonís na N-VI, que se atopan en construción desde hai varios meses e que foron realizadas tralas continuas demandas realizadas por Alternativa dos Veciños.
O alcalde informou que nestes momentos están a acometerse diferentes obras en Montrove. É o caso da pavimentación da rúa Pexegueiro ou da ornamentación das rotondas de acceso á urbanización O Graxal. Nos vindeiros meses tamén está previsto que se aborden o asfaltado da avenida Valle Inclán e diferentes melloras tanto no parque do Graxal como no parque infantil de Icaria.
A vindeira lexislatura, Alternativa dos Veciños vai poñer en funcionamento o centro xuvenil das Pedras, que estará situado na antiga sede do Servizo Municipal de Emerxencias. As obras de reforma desta instalación están practicamente rematadas e permitirán que os mozos e mozas de todo o municipio teñan un lugar de encontro e convivencia para desenvolver a súa creatividade e realizar todo tipo de actividades de ocio.
Alternativa dos Veciños tamén vai seguir avanzando no desenvolvemento sostible do municipio, que seguirá medrando de maneira ordenada, en base ao estipulado no Plan Xeral, para posibilitar o asentamento de novas empresas que crearán postos de traballo. No caso concreto de Montrove está previsto o desenvolvemento dunha nova fase de Icaria.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]