Alternativa presenta alegacións contra a proposta de estatutos para a Mancomunidade

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa presenta alegacións contra a proposta de estatutos para a Mancomunidade

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños, que conta con 27 concelleiros e concelleiras nos municipios de Bergondo, Cambre, Culleredo, Sada, Carral e Oleiros, presentou alegacións contra os estatutos provisionais da Mancomunidade das Mariñas. Con este recurso, pretende subsanarse erros e omisións para poder seguir coa tramitación futura da Mancomunidade.

Alternativa dos Veciños demanda que antes de dar ningún paso se liquide o Consorcio das Mariñas. Non se pode constituír a Mancomunidade sen liquidar antes o actual organismo dado que non é unha substitución, senón que vai crearse un novo ente.

Outra cuestión a determinar é a subrogación do persoal e as relacións contractuais actuais. Ademais é necesario realizar un inventario de bens e servizos para saber cales se subrogarían.

Antes da aprobación dos estatutos e da constitución da Mancomunidade, tamén é preciso elaborar unha memoria relativa aos aspectos sociais, xurídico, técnico e financeiro e deberá realizarse un estudo de custes separado para cada unha das actividades.

Ademais, Alternativa dos Veciños non acepta o sistema de representación que recollen os estatutos aprobados inicialmente por ser totalmente arbitrario e interesado por parte do actual presidente do Consorcio, cunha representatividade non xustificada.

“Nós o que facemos é presentar esta alegación para que non se cometan polo novo ente os erros que da primeira Mancomunidade, que foi un verdadeiro fiasco”, dixo o presidente de Alternativa dos Veciños Ángel García Seoane.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!