CULLEREDO_CANDIDATURA_WEB_700_400

Alternativa dos Veciños presenta a lista de Culleredo o venres en Almeiras

Alternativa dos Veciños presentará o venres ás persoas que forman a lista electoral coa que se concorrerá ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio en Culleredo. O acto terá lugar na localidade de Almeiras, no centro cultural, a partir das 20:30 horas e contará coa actuación do grupo Trifolk.

A candidatura, que encabeza a concelleira e actual voceira municipal de Alternativa Alicia Ferreiro, está formada por un grupo de mulleres e homes vencellados a diferentes sectores profesionais e entidades sociais, que pretenden poñerlle fin ás nefastas políticas de dubidoso sustento legal que practica o Goberno municipal e que causan un gran dano ás arcas públicas.

A lista será a seguinte:

1. María Alicia Ferreiro Varela
2. Eduardo José Mourelle Botana
3. Sanda María Marzoa García
4. Carmelo Cortés Sánchez
5. Nuria Carballeda Feijóo
6. María Belén Muñoz Seijas
7. Julio Lantes Silva
8. Vanessa Suárez Fernández
9. Amauris Temo Semanat
10. Matilde López Arias
11. Begoña Carballeda Feijóo
12. José Manuel Pose Castro
13. Raquel Marina Sastre Natal
14. Carlos Alberto Suárez Ares
15. Ainhoa Pallares Muñoz
16. José García García
17. Paula Pérez Ponte
18. María Ángeles Viejo Martínez
19. Laura Otal Ansina
20. Gustavo Cancela Varela
21. Narciso Marzoa Martínez

SUPLENTES: María Asunción González Puga, Eva María Pallares Romero, Iago Lesta Couce.

Un dos principais obxectivos para Alternativa dos Veciños é lograr a aprobación do PXOM para frear a improvisación no desenvolvemento urbanístico e a degradación da paisaxe e do medio ambiente. A falta de orde reduce as posibilidades de futuro do municipio e impide a existencia de novos equipamentos públicos e zonas verdes.

Novas relacionadas