Alternativa presenta a candidatura de Fisterra nun salón de actos ateigado de veciños

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños de Fisterra presentou as persoas que integran a súa candidatura nun salón de actos ateigado de veciños. O acto contou coa presenza do Presidente de Alternativa dos Veciños e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, co alcalde de Carral de Alternativa dos Veciños, Javier Gestal e co fisterrán Juanfran Martínez, que forma parte da executiva do partido. [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]“Primeiramente, queremos agradecer aos veciños e veciñas de Fisterra pola magnifica acollida e polo importante apoio no acto de presentación da candidatura. Temos que pedir desculpas a todas as persoas que non puideron entrar e tamén aos que tiveron que presenciar o acto de pé. Onte volveu quedar demostrado que Fisterra tamén carece de instalación e equipamentos que permitan desenvolver actos de diferentes tipoloxías, presentacións, exposicións, etc. “apunta Áurea Domínguez, candidata á alcaldía.

“Estou moi contenta e ilusionada co proxecto que fomos capaces de construír e coas persoas que fomos capaces de integrar. Entendemos que fomos quen de conformar un grupo de persoas honradas, transparentes e libres de ataduras, que representan as catro parroquias do municipio e aos seus núcleos de poboación” expón Áurea Domínguez.

“Preséntome como candidata á alcaldía totalmente libre de ataduras. O meu único compromiso é cos veciños e veciñas de Fisterra. Ademais, preséntome contado co apoio de todos os compañeiros e compañeiras que formamos Alternativa dos Veciños e tamén coas forzas e ánimos de moitos veciños  que desexan outra  Fisterra moito mellor.

Pídolle a veciñanza que nos sigan apoiando e axudando nestas poucas semanas que nos quedan ata a celebración das eleccións. Temos un traballo duro por diante, pero asegúrovos que merecerá a pena” matiza Áurea Domínguez.

CANDIDATURA DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS DE FISTERRA

  1. Áurea Domínguez Sisto, do núcleo de Sardiñeiro.
  2. Francisco Martínez Traba, do núcleo de Denle.
  3. Francisco Antonio Lestón Redonda, do nucleo de Sardiñeiro.
  4. Judith Insua Sánchez, do núcleo de Vigo.
  5. Sonia Fabregas Riveiro, do núcleo de Fisterra.
  6. Daniel Marcote Papín, do núcleo de Fisterra.
  7. Manuela Marcote Boullosa, do núcleo da Insua.
  8. Carlos Díaz Rey, do núcleo da Anchoa
  9. María Estela Canosa Martínez, do núcleo de Hermedesuxo.
  10. Carmen Maria Oroña Canosa, do núcleo de Padrís.
  11. Jose Raúl Gómez Rivera, do núcleo de San Martiño.
  12. Rosa Maria Caamaño Vigo, do núcleo do Rial.
  13. Isidro Soneira Rodríguez, do núcleo de Sardiñeiro.
  14. Mario Rey Domínguez, do núcleo de Buxán.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!