Alternativa preguntase polo estado da Despensa Municipal

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa preguntase polo estado da Despensa Municipal

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa pedirá información sobre a situación real da Despensa Municipal de Alimentos, tras un anuncio nas redes sociais de Unión por Cambre facendo eco da escaseza de determinados produtos. Información que non chegou á veciñanza polos canles oficiais do Concello de Cambre.

Ante a incoherencia informativa Alternativa se preocupa, xa que se acercan datas de especial actividade para a Despensa ao que se suma á actual situación do estado de alarma, que pode facer disparar de novo a demanda do servizo por parte da veciñanza.

Esta situación xa se deu no confinamento, que dende o Goberno Municipal manifestaron que o servizo non presentaba ningunha carencia, cando en paralelo se estaba a solicitar axuda as varias asociacións cambresas.

Como sexa, non se pode ocultar as necesidades reais do servizo, xa que é imprescindible. Polo que alternativa esixe que se aclare cal é a situación para poder tomar accións de mellorala e poder facer previsións das necesidades nos próximos meses.

 [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!