Alternativa preguntará no pleno de xullo pola problemática de prazas no comedor do CEIP de Galán e pola descoordinación no Servizo de Axuda no Fogar

WhatsApp Image 2023-07-28 at 10.20.19 (1) (1)

Alternativa dos Veciños preguntará no pleno ordinario de xullo pola problemática de prazas no comedor do CEIP de Galán e pola descoordinación no Servizo de Axuda no Fogar e, tamén fará dous rogos ao Goberno Municipal. 

Alternativa dos Veciños preguntará no pleno ordinario de xullo, que se celebrará o próximo luns día 31, pola problemática de prazas no comedor do CEIP de Galán e pola descoordinación no Servizo de Axuda no Fogar e, tamén fará dous rogos ao Goberno Municipal para solicitar a eliminación dun sinal de 90 Km/h instalado na AC-552, nas proximidades da Escola Infantil de Larín, que incrementa a velocidade e agrava aínda máis a seguridade viaria nesta zona escolar sen beirarrúas e pasos de peóns. O outro rogo estará baseado na petición dos pais e nais do alumnado do C.E.I.P San Xosé Obreiro de Meicende, que demandan a instalación dunha cuberta para a pérgola que se atopa nas inmediacións do colexio, para que nos días de choiva os nenos e nenas se poidan resgardar.

Novas relacionadas