Alternativa pide o voto en Bergondo para poñer o municipio a funcionar

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Temos que sacar a Guísamo e Bergondo da parálise

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Decenas de persoas participaron no acto central de campaña de Alternativa dos Veciños en Bergondo. Interviron Iria Gómez, Pablo Santiso, Pilar Barja, o candidato á alcaldía de Bergondo Juan Fariña e o presidente do partido Ángel García Seoane.

“Temos que sacar a Guísamo e Bergondo da parálise na que levan instalados dende hai quince anos, período que coincide coa alcaldía da actual mandataria. Esta señora deshonra a memoria e a xestión do anterior alcalde e convértese, por méritos propios no peor alcalde/alcaldesa que tivo Bergondo dende que hai democracia. Tanto os Sr. Carabel coma Pepín -coas súas cousas, como temos todos- danlle vinte voltas a esta señora”, dixo o candidato Juan Fariña.
Fariña fixo un repaso pormenorizado e detallado des aspectos propios da parroquia de Guísamo, destacando, entre outros os seguintes:
– O estado ruinoso e perigoso da antiga nave do Ligal en Bos. Explicando que a alcaldesa impídelle ditar ordes contundentes de execución contra o propietario da mesma, a Xunta de Galicia.
– O escandaloso prazo de obra da rotonda do cruce de Ferrol. Obras que ademais levan paradas máis dun mes.
– A negativa da alcaldesa a pedir a Fomento un proxecto específico para o centro de Guísamo de construcción doutra rotonda, un pintado diferente da vía e a humanización da mesma.
– O pasotismo da alcaldesa perante o problema de inundacións que padecen moitas vivendas na Brea.
– O pasotismo da alcaldesa perante a imaxe lamentable da parada de taxis.
– O abandono da alcaldesa do proxecto de recuperación o pazo de Baldomir, cuxas xestións se deixaron no caixón xa en 2019.
– O escándalo que supón que a alcaldesa teña feito unha oferta de compra dunha suma importantísima de diñeiro ao Arcebispado de Santiago (o informe dun técnico municipal estima un valor de 170.000 euros por unha ruína na que ademais se tería que investir preto de 400.000 euros máis para rehabilitala. Iso sen contar o diñeiro necesario para habilitala para o uso que se elixa para ela. Falamos da vella reitoral. Dende Alternativa opoñémonos con claridade a esta operación. O camiño para facerse co uso desa propiedade pasa por negociar co Arcebispado e forzar unha posición máis proclive a chegar a acordos por parte deste mediante as ordes de execución necesarias. Resulta cómico que unha alcaldesa que se ten por boa xestora pretenda facer unha operación desta natureza.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!