Alternativa pide revisar e limpar a rede de pluviais

O grupo municipal trasladou no pleno a demanda e o Goberno municipal comprometeuse a realizar as actuacións necesarias.

Alternativa pediu que os traballos se planifiquen con antelación co obxectivo de mitigar as incidencias que se repiten coa chegada das choivas.

Unha revisión previa permitirá reducir as incidencias habituais da temporada de choivas, como o asolagamento de vías ou o levantamento de arquetas.

“É importante anticiparse ás situacións e non agardar a que se produzan as incidencias para intervir, diminuíndo tamén as actuacións de urxencia.” Sinalan dende Alternativa.

Comparte esta nova!