Alternativa propuxo ao goberno de Cangas que se dirixa á Xunta e á Deputación para que os terreos e instalacións do Salgueirón-Massó sexan cedidos ou adquiridos mediante a implicación da propia Abanca. Así mesmo piden organizar unha representanción con presenza de todos os grupos municipais para ir da man de forma unánime.
“Neste mes de xullo escoitamos como se pechou a operación de compra do cine Fraga —dí Victoria Portas na moción ao Pleno— Operación que se formalizou con un acordo económico entre Abanca, Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra por 9.3 millóns de euros dos cales o 51 % foron financiados polo Goberno Galego e o 49% pola Deputación de Pontevedra”.
Sen entrar a valorar outros aspectos, que non sexan os literalmente patrimoniais, atopámonos co compromiso da recuperación dun referente importante do patrimonio cultural galego e por esa mesma razón resulta incompresible que non se manteña o mesmo criterio con respecto ao notable patrimonio industrial existente no noso concello, nomeadamente a Fabrica de Massó, a Baleeira e as outras edificiacións que completan un emblema do patrimonio insdustrial galego e mesmo europeo.
Curiosamente os casi dez millóns de euros polo que se compra o cine Fraga coincide co importe que pedía Abanca para vender os aproximadamente 180.000 m2 das propiedades de Massó.
Resultando absolutamente incomprensible que se peche a operación de compra do Cine Fraga marxinando e esquecendo e mesmo desprezando, unha xoia do patrimonio industrial galego que a maiores significaría un relanzamento de Cangas e a conseguinte recuperación dese ámbito.
Todos os grupos municipais debemos poñer todo o noso esforzo e compromiso para que Xunta de Galicia e Deputación xunto co Concello de Cangas poidamos dunha vez por todas poñer fin a unha das maiores inxustizas cometidas contra o noso patrimonio , fin ao desprezo e esquecemento do noso patrimonio algún del xa roubado ou desaparecido.