Alternativa dos Veciños pide o voto para garantir a gobernabilidade no Concello da Coruña
A pasada medianoite comezou a campaña das eleccións municipais. Alternativa dos Veciños preséntase na cidade da Coruña co obxectivo de conseguir representación na corporación para garantir a gobernabilidade da cidade en beneficio do interese xeral, sen permitir que os partidismos de PP e PSOE paralicen A Coruña outros 4 anos.
Con Pedro Armas como candidato, Alternativa aspira a impedir a privatización dos terreos públicos do porto para que a cidadanía teña novos espazos verdes e de ocio, así como equipamentos públicos. Outro dos grandes retos é impulsar a Área Metropolitana, para acadar aquelas melloras a nivel de infraestruturas e servizos públicos que se atopan nunha situación precaria polo desgoberno e a desidia dos principais partidos políticos, como é o caso da ampliación de Alfonso Molina.