[vc_row css=”.vc_custom_1525371413030{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños pide o voto para frear as políticas populistas no Concello de Arteixo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371425129{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A pasada medianoite comezou a campaña das eleccións municipais. Alternativa dos Veciños preséntase no Concello de Arteixo co obxectivo de conseguir representación na corporación para impoñer un cambio nas políticas erróneas practicadas polo Partido Popular.
Con Antonio Patiño como candidato, Alternativa aspira a dotar a Arteixo dun Plan Xeral de urbanismo que poña orde, que garanta a seguridade xurídica e que posibilite un crecemento respectuoso co medio ambiente. Outro dos grandes retos é impulsar a Área Metropolitana, para acadar aquelas melloras a nivel de infraestruturas e servizos públicos que se atopan nunha situación precaria en toda a comarca polo desgoberno e a desidia dos principais partidos políticos, como é o caso do tren ao Porto Exterior.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS ARTEIXO[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]