Alternativa pide máis control nas actuacións de reparación da rede viaria

O grupo municipal trasladou concretamente as queixas repecto aos acabados da actuación realizada en Rúa Samosteiro a través do POS+2022. (Plan Único de Concellos da Deputación de A Coruña).

Durante a pasada Xunta de Goberno Alternativa presentou a demanda veciñal e instou ao goberno municipal a fiscalizar detidamente todas as actuacións realizadas para valorar a súa correcta execución.

As diferentes obras que están a ser rematadas nas distintas parroquias non todas contan cun resultado final satisfactorio para a veciñanza. O grupo demandou a realización de inspeccións pertinentes antes da recepción final da obra co obxectivo de poñer solucións ás incidencias detectadas.

Comparte esta nova!