Alternativa pide limpeza para as beirarrúas de O Freixo
Alternativa fai esta solicitude ao goberno municipal para a rúa O Freixo tras recibir queixas veciñais polo descoidado estado das beirarrúas.
As beirarrúas da zona presentan verdello, e están estreitadas pola presencia de maleza que as invade. Súmase que a finca coas que lindan está a diferente nivel de altura e o cercado roto, quedando un desnivel non conveniente nunha zona, actualmente, tan transitada por peóns.
Cabe dicir que a “nova realidade” pola situación sanitaria fai que zonas do municipio que non tiñan moita afluencia de peóns, actualmente conten diariamente cun gran incremento do número de veciños e veciñas camiñando. E este é un dos casos.
-O estado das beirarrúas, tanto de limpeza como mantemento, é, a día de hoxe, imprescindible conservalo nas mellores condicións.- Afirma Raúl Varela Fraguío portavoz e Concelleiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.