O grupo municipal denuncia que o executivo local está a trasladar anuncios de gran relevancia- como a suposta construción dunha nova depuradora no Quenllo, dun novo centro de saúde ou unha residencia de maiores, sen que exista comunicación formal das consellerías competentes que avale estas afirmacións.
Trátase de cuestións de enorme calado para o municipio e non poden empregarse como titulares sen respaldo institucional.
No caso do Centro de Saúde, a Consellería de Sanidade, non confirmou nin a creación dun novo centro de saúde nin a asunción dos custos de mantemento do actual, que superan os 40.000 euros anuais e seguen recaendo no Concello, sin ser a súa competencia.
Dende Alternativa reclaman responsabilidade e rigor na comunicación pública: “ A veciñanza merece información contrastada, que non xenere falsas expectativas. A veciñana necesita transparecia e veracidade. “