Alternativa pide aumentar a protección e atención aos maiores na Coruña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

apostamos por unha plena inclusión dos maiores

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños pide aumentar a protección e atención aos maiores na cidade. As altas taxas de envellecemento conlevan problemas sociais que o Goberno local debe resolver e non acentuar. 

A crise sanitaria provocada pola pandemia tivo un importante impacto psicosocial en colectivos vulnerables debido, fundamentalmente, ao illamento e ás situacións de soidade. Estes factores incrementaron a fraxilidade do colectivo dos maiores que padece as consecuencias aínda hoxe.

Se temos en conta que a nosa cidade presenta un índice de envellecemento dun 200%, nunha progresión á alza nos últimos anos, son necesarias políticas municipais que contribúan a mellorar as condicións de vida da terceira idade.  Precisamente desde a política de proximidade, coordinada coas distintas administracións, poden ofrecerse solucións á poboación maior que debe sentirse parte activa da sociedade.

Segundo Ana Díaz Cortés, responsable da área social na candidatura de Alternativa: “apostamos por unha plena inclusión dos maiores, polo que urximos a emprender medidas que melloren a súa calidade de vida e non a empeoren, potenciando as vivencias positivas e fomentando as súas habilidades e capacidades, algo que podería facerse desde os centros cívicos dos barrios”.

Tanto Chema Paz Gago, candidato á alcaldía por Alternativa, como Ana Díaz Cortés insisten en que se trata dunha área coa que Alternativa está fortemente comprometida porque “é de xustiza envorcarnos con quen nos coide no seu día e mesmo sostiveron economicamente ás súas familias máis aló da xubilación en moitos casos”.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!