Diseño sin título

Alternativa dos Veciños pide a eliminación da cita previa e a apertura normalizada dos Rexistros Públicos

Na reunión mantida entre os Alcaldes dos Concellos da área metropolitana e a Consellería de Sanidade para analizar evolución da incidencia do Sars-Cov2 na área metropolitana. O Alcalde de Oleiros demandou aos responsables da Xunta de Galicia que se tome algún acordo respecto as consultas que fan os cidadáns, tanto nos Concellos como na Administración Autonómica, para a presentación de instancias, recursos ou solicitudes, así como outros documentos de tipo administrativo. Dado que no Concello de Oleiros está a supoñer unha saturación da área de atención ao cidadá no Rexistro de Entrada, xa que as persoas chegan derivadas de outras Administracións.

A poboación demanda a apertura dos rexistros en todas as Administracións sen cita previa, dado que se dan infinidade de casos nos que prescriben prazos pola tardanza en que se están a dar as mesmas, que superan en case todas as Administracións máis de 7 días.

Vai sendo hora de que o persoal de atención á cidadanía se reincorpore aos seus postos de traballo e se prescinda, nestes casos, do traballo Telemático.

Novas relacionadas