Alternativa pide á alcaldesa da Coruña que aproveite o cumio para desbloquear proxectos importantes

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa pide á alcaldesa da Coruña que aproveite o cumio para desbloquear proxectos importantes

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O cumio hispano-alemán que se celebrará na Coruña esta semana supón unha grande oportunidade para mellorar o posicionamento internacional da cidade como sede de grandes eventos e como punto de destino turístico, polo que resulta moi beneficioso. A marca A Coruña gaña puntos cada vez que se cita nos medios de comunicación, co que a celebración deste evento supón en si mesmo un beneficio para a comarca e para Galicia.

Pero máis aló de esa evidencia, tamén é unha ocasión que se presenta á alcaldesa Inés Rey para impulsar grandes proxectos como os da reforma da Avenida de Alfonso Molina e a Ponte da Pasaxe, o máis importante eixo de comunicación metropolitano e vector fundamental para o desenvolvemento económico e social da área coruñesa.

É o momento de presionar para conseguir que por fin estas obras gañen o estatus de prioritarias para o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana e se leven a cabo dunha vez as contratacións necesarias para a ampliación da importante infraestrutura, que ronda os 20 millóns de euros.

Alternativa sempre irá por diante na reivindicación desta obra tan necesaria para a calidade urbana non só de Oleiros, senón tamén da capital e de todos os concellos da comarca, pois as deficiencias actuais do vial prexudican a todos os municipios.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!