O Concello de Cangas leva desde o ano 2019 traballando na mellor forma de xestionar un servizo municipal como é a piscina. O pleno da corporación en diferentes sesións foi aprobando os pasos para recuperar de forma eficiente a piscina. En xullo de 2021 designouse a Comisión de Estudo, que elaborou unha memoria aprobada en abril de 2023.
É no pleno de febreiro do 2024 cando foi aprobada definitivamente a memoria, aprobouse a xestión directa o inicio do expedente para a constitución da sociedade mercantil e que nun mes a posta a disposición do borrador dos estatutos que rexirían dita empresa pública.
Nestes dias, como estes dous anos, publícase na prensa que se vai a realizar un contrato en réxime de concesión en contra de todos os acordo plenarios existentes neste concello, o que da a entender que o expedente non foi tocado por parte do Goberno Actual en ningún momento, pero nós non vamos permitir que se siga empeñando os orzamentos municipais por non darlle saida de forma seria ao problema que temos con esa infraestructura .
Alternativa propón, no próximo pleno, tramitar e respectar as mocións aprobadas anteriormente, que se convoque a Comisión de Estudo da piscina, que a corporación municipal actual traballe para a xestión pública dos servizos e por último, que nun prazo aproximado dun mes se presente o borrador do estatuto da empresa mercantil.