Alternativa pide a devolución dos recibos da Escola Municipal de Música de Arteixo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa pide a devolución dos recibos da Escola Municipal de Música de Arteixo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O alumnado da Escola Municipal de Música de Arteixo tiveron que aboar integramente ó concello a cobranza do recibo correspondente ao último trimestre, a pesar de que estiveron sen clases dende o 13 de marzo.

Durante o período sen clases presenciais, os alumnos e alumnas tampouco recibiron formación online. Simplemente recibiron uns vídeos que son similares aos que calquera pode atopar na internet.

Do mesmo xeito que as familias que nos contactaron por esta queixa, Alternativa dos Veciños tamén considera inxustificado o cobro do recibo dunha formación que o alumnado non recibiu e que tampouco non pode ser compensada neste curso, porque non todo o alumnado permanece na Escola.

É por isto que Alternativa solicitou a integra devolución do importe do recibo.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!