Alternativa pide de novo o apoio da Deputación para reclamar á Xunta que por fin se complete a primeira fase da Vía Ártabra, á que lle queda un pequeno treito para conectar coa AP9.
A urxencia do goberno autonómico para acometer esta obra é moi necesaria para compensar as artimañas políticas e xudiciais utilizadas polo Concello de Cambre para paralizar a obra porque algún membro do seu goberno non estaba de acordo co trazado proposto pola Xunta.
Tras denunciar á consellería por un defecto formal na contratación da obra, logrou que a Xustiza pasase as obras, que deben reanudarse tras cumplir todos os requerimentos legais que precisan este tipo de infraestruturas.
Alternativa lembra que a Ártabra é un chanzo importante nas infraestruturas metropolitanas, xa que traza un aro exterior entre os concellos de Sada, Bergondo, Oleiros, Cambre, Culleredo e Arteixo, que comunica directamente varias importantes zonas residenciais e industriais e polo tanto resulta moi necesaria para desafogar puntos como a Costa da Tapia ou a ponte da Pasaxe.