Se existe un espazo de interese social e que contén elementos que forman parte do patrimonio histórico industrial que constituíu un pilar de desenvolvemento económico da nosa vila é o ámbito de Ojea coas súas naves, principalmente as Naves de Córdoba.
Desde hai anos, o Concello tramitou a solicitude de desafectación dese ámbito do dominio público marítimo-terrestre da zona de Ojea e os xardíns do “Señal” e que a día de hoxe atópase sobre a mesa da responsable da Dirección Xeral de Costas en Madrid sen intención de concluíla positivamente, aínda que a petición realizada cumpriría de conformidade ao establecido no art. 18.1 de la Ley 22/1988, de 28 de julio, de Costas: “Sólo podrá procederse a la desafectación de terrenos en el supuesto de los apartados 5 y 10 art. 4, previo informe preceptivo del Ayuntamiento y de la Comunidad Autónoma afectados y previa declaración de la innecesaridad a los efectos previstos en el artículo anterior”.
Referíndose no apartado 5 do art. 4 de dita norma, a: “Los terrenos deslindados como dominio público que por cualquier causa han perdido sus características naturales de playa, acantilado, o zona marítimo-terrestre, salvo lo previsto en el art. 18”.
Dadas as últimas novas nos medios de comunicación sobre o derrube de ditas naves de forma inmediata por parte de Costas, Alternativa dos Veciños solicitou reunión en Costas de Pontevedra por non ter información ao respecto por parte do goberno municipal. Tras es reunión, queremos manifestar que a actitude de Costas do Estado non deixa de ser unha chantaxe a Cangas dando como única saída para salvar as Naves de Córdoba a concesión e a rehabilitación por parte do Concello de dita nave, sometido a prazos, e non obtendo así a desafectación, polo que seguirían sendo propiedade de Costas do Estado e sen dar liberdade de uso de ditas naves, polo que o Concello tería que pedir permiso para o tipo do uso das mesmas e sempre con temática marítima para poder ser aceptada.
Non podemos dicir máis que Costas do Estado é competencia do PSOE, actual Goberno de España, e sendo o socio prioritario do Goberno Municipal de Cangas non conseguiu a dia de hoxe ter unha reunión coa responsable de costas e defender os intereses de Cangas.
Con esta análise inicial e observando que os prazos pasan e nada coñecemos do que se está a realizar polo Goberno Municipal e tras consultar con diferentes entidades a única opción que nos queda é a da Concesión, aínda que reiteramos nos parece unha chantaxe a Cangas.
Ante iso, Alternativa dos Veciños propón ao Pleno o seguinte acordo
1. O Pleno do Concello de Cangas insta á Dirección de Costas do Estado que resolva o expediente de desafectación recoñecendo a innecesariedade e entregue os terreos das Naves de Ojea ao pobo de Cangas.
2. O Pleno do Concello de Cangas insta ó Goberno Municipal a que presente ó Pleno o inicio de expediente de Concesión das Naves de Córdoba
3. O Pleno do Concello de Cangas insta ó Goberno Municipal a que convoque unha reunión ós representantes dos partidos que forman parte da corporación municipal para decidir de forma conxunta o uso para o cal se vai pedir a Concesión de ditas naves a Costas.