Alternativa pide a corrección na sinalización na Avenida de Vigo

Alternativa dou traslado das queixas de veciñanza da zona e persoas usuarias da Escola Ifantil e Centro Comercial pola nova sinalización repintada na Avenida de Vigo.

O grupo solicitou a intermediación do Concello ante a Axencia Galega de Infraestructuras para a corrección da sinalización.

O novo repintado impide o acceso ao Camiño da Choupana e ao Supermercado Familia, impedindo o xiro á esquerda e obrigando a realizar manobras de cambio de sentido noutros puntos afastados como Pedra Alta ou a Rúa Lisboa, aumentando o risco viario e o tempo de desprazamento.

A situación afecta á mobilidade diaria de centos de vehículos, polo que dende Alternativa sinalan que se debe proceder á modificación da sinalización en busca dunha estrada maís funcional adaptada ao uso diario que a veciñanza fai da vía.

Comparte esta nova!