[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa percorre todas as parroquias do municipio
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo cumpre coa palabra dada á veciñanza na pasada campaña electoral das eleccións municipais e percorre todas as parroquias do municipio para coñecer de primeira man as necesidades e carencias existentes en cada unha delas
Alternativa dos Veciños leva desde principios do mes de agosto percorrendo as parroquias do municipio como nos comprometemos coa veciñanza na pasada campaña das eleccións municipais. Por suposto, estas visitas ás parroquias sempre se realizan respectando a normativa sanitaria.
Estes encontros coa veciñanza están a servir para coñecer de primeira man o estado en que se atopa o municipio e tamén para falar con moitos veciños e veciñas que son os que mellor coñecen as necesidades e carencias.
Estas propostas serán estudadas individualmente e achegarémolas ao equipo de goberno para a súa valoración.
Alternativa espera que sexan tidas en conta polo goberno municipal, xa que o estado no cal se atopan as parroquias é lamentable. Necesítase moito mantemento e poñer en marcha canto antes unhas obras que son esenciais e en moitos casos de primeira necesidade para o desenvolvemento da cidadanía e do municipio.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]