Alternativa dos Veciños pecha a campaña en Perillo ante máis de mil persoas

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños pecha a campaña en Perillo ante máis de mil persoas

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños celebrou a súa cea fría de peche de campaña en Perillo, ante máis de 1.000 persoas. Durante a súa intervención, o alcalde e candidato Ángel García Seoane pediu o voto para manter a calidade de vida e o benestar no Concello de Oleiros.

Entre outros asuntos, García Seoane explicou a importancia de acadar representación en todos os municipios da comarca para conseguir unidade entre os alcaldes e poder lograr as infraestruturas e servizos que se negan por parte de outros Gobernos. “Non poden seguir mareándonos máis con Sol y Mar. Hai que ampliar a ponte Pasaxe e Alfonso Molina. O tren ten que chegar ao porto exterior de Arteixo. O Vial 18 non pode agardar máis tempo, nin tampouco o dragado da ría”, dixo.

O alcalde e candidato insistiu na transcendencia de conseguir o apoio do pobo de Oleiros para manter o benestar e a calidade de vida no municipio. No caso de Perillo falou das obras na avenida de Rosalía de Castro, que van permitir crear unha rúa moito máis agradable; da creación de vivendas protexidas na nova urbanización da Corredoira das Viñas; da próxima apertura dun centro de lecer para a mocidade na antiga Escola das Pedras – ata hai un ano sede do Servizo Municipal de Emerxencias-; da continuación do paseo da ría ata O Graxal; da renovación da rede de auga na rúa do Pombal, ou da mellora da rúa Xuncal.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!