c

Alternativa de Culleredo oponse á RPT por contar cos informes negativos de intervención e secretaría

Esta mañá celebrouse un pleno municipal extraordinario no Concello de Culleredo. Sometíase a aprobación unha proposta sobre modificación da relación de postos de traballo.

“Parécenos totalmente vergonzoso que desde o propio Concello confirmen que pretenden contratar unha nova praza de arquitecto indispensable para a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Consideramos que debe negociarse unha RPT colectiva (para todos os traballadores e traballadoras) e non unha RPT para contratar a un arquitecto que informe favorablemente o PXOM que na actualidade conta cos informes desfavorables do arquitecto e a secretaria municipais”, comentou o voceiro municipal de Alternativa Eduardo Mourelle.

Novas relacionadas