Alternativa dos Veciños oponse as prácticas fascistas da inspección de educación coa directora do Luis Seoane

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños oponse as prácticas fascistas da inspección de educación coa directora do Luis Seoane

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

A inspectora de educación da zona obrigou a dimitir á directora do CEIP Luis Seoane de Canide achacándolle a responsabilidade do gravísimo acontecemento que sucedeu cun neno no servizo de transporte escolar. A directora foi sentada nunha mesa ante un papel e un bolígrafo e foi obrigada a dimitir contra a súa propia vontade.

“Esta persoa é unha directora exemplar e entre todos e todas temos que loitar para que siga no seu cargo. Teño moi claro que se mañá se mantén o cese, faremos unha convocatoria a todo o pobo de Oleiros para mobilizarnos e protestar por esta actuación. É gravísimo!”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

A responsabilidade do grave suceso acontecido o pasado martes cun neno que quedou no bus durante toda a mañá é da compañía de transportes e da persoa que realiza as tarefas de acompañamento e coidado no autobús, contratados pola Xunta de Galicia. É, polo tanto, a Xunta a responsable deses feitos tan graves e intolerables, non a directora do centro.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!