strommast-4459591_1920

Alternativa de Arteixo tamén se opón ao novo trazado presentado por Acciona

Alternativa dos Veciños de Arteixo tamén se opón á nova variante do trazado presentado por Acciona para instalar unha liña de alta tensión desde o Parque Eólico de Monteagudo ata o novo Polígono de Morás, xa que é máis do mesmo que o presentado inicialmente, segue prexudicando gravemente o medio ambiente natural do municipio e tamén a centos de vivendas e parcelas.

Membros de Alternativa dos Veciños de Arteixo mantiveron o pasado luns unha reunión co Xefe Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación, na que entre outros temas, tamén se falou sobre o proxecto promovido por Eólicos Breogán, empresa que agora administra Acciona Corporación, que pretende instalar unha liña de alta tensión desde o Parque Eólico de Monteagudo ata o Polígono de Morás.

Os representantes de Alternativa mostraron e explicaron ao Xefe Territorial os motivos do seu rexeitamento cara a este proxecto. Entenden que o proxecto é unha autentica animalada, que de levarse a cabo prexudicaría gravemente ao municipio de Arteixo. E é por iso, que lle informaron que se non se arquiva o proxecto, entón terán que tomar medidas para que a Xunta de Galicia entenda que o municipio de Arteixo non vai permitir este tipo de proxectos que son unha falcatruada co único fin de beneficiar a unha empresa privada.

“O Xefe Territorial explicounos un pouco sobre a variante do trazado que presentou Acciona. Tamén, comentounos que cando o técnico da empresa Acciona presento esta variante nunha reunión coa corporación municipal de Arteixo, a todas as formacións políticas pareceulles aceptable. Isto é algo que a nós non nos sorprende en absoluto, xa que sabemos que as formacións políticas participantes na reunión son expertas en vender á cidadanía” apunta Juanfran Martínez, coordinador de Alternativa en Arteixo.

“É incrible que algunha das formacións que participaron na reunión onde o técnico de Acciona explico a variante do trazado, digan agora que non saben por onde pasaría o mesmo. É incrible ata onde son capaces de chegar algúns para tentar enganar á cidadanía e seguir vivindo do conto” matiza Juanfran Martínez.

Novas relacionadas