Alternativa ofrece asesoramento a entidades sociais e deportivas para solicitar as subvencións da Deputación

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa ofrece asesoramento a entidades sociais e deportivas para solicitar as subvencións da Deputación

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Entidades culturais, ANPAS, asociacións veciñais, corais polifónicas, bandas de música populares, entidades de música e baile tradicional galego e formacións musicais teñen ata o día 19 de febreiro para presentar as súas solicitudes para obter unha subvención da Deputación da Coruña para sufragar os gastos das súas actividades no ano 2021. Tamén está aberto o prazo para que as entidades deportivas, sen ánimo de lucro, soliciten axuda económica á Deputación para actividades de fomento da actividade física e do deporte; participación en competición federada de ámbito local, provincial, ou autonómico; participación en competición federada de ámbito nacional ou internacional; desenvolvemento de grandes eventos deportivos singulares; infraestruturas e equipamento deportivo; e adquisición de vehículos de uso deportivo para clubs de piragüismo e remo.

No caso do programa para apoiar o desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas o prazo finaliza o 25 de febreiro.

Para facilitar a tramitación destas subvencións e outras que están pendentes de ser convocadas por parte da Deputación, Alternativa dos Veciños pon á disposición das entidades sen ánimo de lucro unha persoa na oficina que ten o grupo provincial no terceiro andar do edificio da Deputación da Coruña (avenida do Porto da Coruña, 2 – A Coruña). Tamén é posible contactar por teléfono a través do 981080610, ou por correo electrónico en info@alternativadosvecinos.org.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!