Alternativa non comparte a petición de pleno provincial extraordinario

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa non comparte a petición de pleno provincial extraordinario

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños non atopa o sentido ao pleno extraordinario que está a pedir o Partido Popular na Deputación Provincial de A Coruña. O tema que pretenden tratar xa foi tratado na sesión plenaria de Xullo ademais resulta un custo para a administración pública.

Xa no pasado mes foron aprobadas dúas mocións por maioría absoluta, unha do PP e outra de Alternativa. Mocións presentadas para discutir sobre os fondos dos remanentes, os fondos propios dos Concellos dos cales se está a negociar por parte de Abel Caballero, presidente da FEGAMP, pretendendo que sexan postos á disposición do goberno central.

Na moción presentada por Alternativa dos Veciños fíxose a proposta para intentar que os 70 millóns de euros inmobilizados no banco, polos que a Deputación está a pagar o 0.5 por cento ao banco o que supón uns 500 mil euros anualmente, poidan ser empregados para as numerosas necesidades na Provincia de A Coruña, por exemplo as grandes deficiencias nas estradas da Deputación.

Dende Alternativa dos Veciños consideramos que o tema importante sería poder gastar eses cartos en beneficio dos cidadáns.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!