auga

Alternativa dos Veciños municipaliza o servizo de augas de Oleiros

Alternativa dos Veciños acordou rescatar o servizo de abastecemento de auga aos domicilios. Para tal fin crearase unha empresa pública de titularidade municipal que xestionará este servizo e que se denominará Aqua Oleiros.

No pleno celebrado esta tarde tamén se aprobou a construción dunha instalación de parkour e ampliación da actual pista de skate en Bastiagueiro por importe de 200.000 euros. O Goberno municipal pretende consolidar a zona como un espazo de ocio e lecer dirixido, principalmente, para a mocidade.

O pleno tamén aprobou o II Plan de igualdade do Concello de Oleiros e unha nova ordenanza de medidas de inclusión social, entre outros asuntos.

Novas relacionadas