Alternativa móvese ante a imposición da huella sonora de Alvedro

O Concello contratará persoal especializado para plantar cara aos posibles abusos da autoridade aeronáutica

Por terceira vez, imos defender aos veciños e veciñas afectados pola aprobación da pegada sonora do aeroporto de Alvedro, un martirio recurrente que a política aeronáutica do goberno central xera cada certos anos.

Centos de cidadáns de Oleiros, principalmente de Montrove e de Culleredo terían que soportar importantes restricións e imposicións urbanísticas que acabarán afectando non só ás condicións de habitabilidade dos seus fogares, senón tamén ao valor das súas propiedades.

Desde o Concello imos contratar os servizos técnicos especializados para analizar o documento aprobado polo Minsiterio e recurrir ou acudir a instancias xudiciais para defender o interés veciñal dos posibles abusos que a autoridade aeronáutica trata de impoñer.

O aeroporto de Alvedro está inserido nunha zona de alta densidade urbana, prácticamente enriba da localidade do Burgo, e aínda que pertence a Culleredo, exerce unha enorme influencia sobre amplas zonas do fondo da ría habitadas por milleiros de persoas.

Comparte esta nova!