Alternativa presentará unha moción no pleno de Oleiros para que o Goberno rectifique co Sahara

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa presentará unha moción no pleno de Oleiros para que o Goberno rectifique co Sahara

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños vai presentar no pleno do Concello de Oleiros de mañá xoves unha moción para mostrar o firme apoio do Concello ao pobo saharauí e ó seu único e lexítimo representante, o Frente Polisario, na súa loita contra a ocupación militar e polo exercicio de pleno dereito de autodeterminación e a independencia. O BNG xa manifestou o seu apoio a esta moción.

Alternativa dos Veciños pretende mostrar o respaldo do Concello de Oleiros ao Goberno da RASD na defensa dunha saída dialogada ao conflito que supoña a posta en práctica do Plan de Arranxo subscrito en 1991 con mediación da ONU e da Organización para a Unidade Africana –actual Unión Africana e instar ao Goberno español a dar marcha atrás no seu recente cambio de postura avaliando o referendo de autodeterminación acordado por ambas as dúas partes e recollido nas resolucións da ONU, tomando a iniciativa para apoiar activamente ao enviado especial da ONU para o Sáhara Occidental, Staffan de Mistura, no seu traballo. Na moción tamén se demanda reclamar o cesamento inmediato da violencia e da vulneración dos dereitos humanos que se produce nas zonas ocupadas, instando ao Consello de Seguridade das Nacións Unidas a aplicar os principios da Carta de San Francisco para a resolución dun conflito no que Marrocos continúa actuando con impunidade no Sáhara Occidental.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!