[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños presenta unha moción para paralizar venda de solo público no polígono de Sabón
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños vai presentar unha moción na Deputación ante a intención do Concello de Arteixo de cambiar o uso de dúas parcelas cedidas pola Deputación para usos deportivos e dotacionais e poñelas á venda como solo industrial e comercial. Esta actuación suporía unha vulneración das leis urbanísticas do Plan Parcial do Polígono de Sabón e das ordenanzas que o regulan, así como das Normas Subsidiarias de 1995 e das Disposicións Transitorias introducidas coa modificación aprobada polo CPU o 26 de xuño de 1990 coa fin de posibilitar a localización de equipamentos comunitarios nas zonas máis próximas aos núcleos urbanos.
As parcelas coas que se pretende especular a través da súa venda están destinadas a uso deportivo e equipamento comunitario. A Parcela 111 ten 11.599 m² e usouse como campo de fútbol pola veciñanza de Rañobre. A número 132, de 27.668 m², está ocupada polo campo de fútbol de Oseiro. Ambas parcelas teñen un valor catastral mínimo de 955.943 € (111) e de 3.559.382 € (132).
A estas pretensións, engádese a intención de desprazar a outro lugar o Parque de Bombeiros e a Protección Civil. Este parque comarcal está actualmente ubicado noutra parcela, a nº 24, de 10.453 m². Esta parcela foi expropiada no seu día a Deputación polo Concello de Arteixo en “moi bo prezo”, según consta en acta do Pleno da Deputación, por un importe de 23.521.028 pts, 141.364,23 €. Ao parecer parece que xa existe algunha persoa interesada en adquirila por 4.500.000 euros.
Sería unha máis que posible especulación e un pelotazo urbanístico sen precedentes con solo de equipamentos públicos cedidos pola Deputación provincial ou vendido a prezo simbólico como é o caso da parcela nº 24. Por iso, Alternativa dos Veciños solicitará ao pleno provincial dar por finalizada a vixencia do Convenio anterior, redactando un novo documento no que se delimiten claramente os obxectivos e usos das parcelas cedidas; abrir un expediente de investigación sobre o patrimonio cedido pola Deputación provincial; crear unha comisión especial cun representante de cada grupo político e paralizar calquera expediente que se puidera estar tramitando ao respecto na Deputación que informará e achegará ao Pleno as decisións a tomar.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]