Desde Alternativa vémonos na obriga de aclarar unha noticia publicada na prensa local. Non hai nada de persoal no votado. Aplicamos a mesma fiscalización que cando gobernábamos e se no mandato anterior certos gastos non se pasaron por sobrepasar o gasto ou non estar debidamente xustificados non o imos facer hoxe. Alternativa aceptou soamente os gastos debidamente xustificados.
Nos primeiros meses do ano 2023 fixemos uns investimentos de 500.000 € aproximadamente; todos eles derivados da nosa xestión en búsqueda de recursos e a través de programas, facendo que o endebedemento do Concello fose igual a 0 euros. Deixando libres as cuantías do orzamento para facer fronte aos gastos correntes.
Pero resulta que a débeda que nos presenta o Goberno ascende a 1.3 millóns de euros no 2023, donde 215.348,57 corresponden aos 5 primeiros meses do ano principalmente referidos a mantemento de Caldeiras, Extintores, facturas da luz… que o novo goberno non quixo pagar adiantando outros pagos dos meses de agosto, setembro, outubro….
Alternativa votou en contra de “certos” gastos de Cultura, non todos, o que demostra que non existe nada de persoal no voto. Aplicamos a fiscalización idéntica a canto tíñamos o Goberno. A Concelleira de Cultura tiña automía na súa área, eo que se solicitou no anterior pleno foi o Estado de Contas público das Festas do Cristo do 2022 e 2023 e outros gastos da mesma concelleria saltándose por completo o trámite de contratación marcado para a administración local, que o explique a persoa responsable da área ou o Goberno, porqué se triplicou o orzamento que tiña, explicación e rendemento de contas que a día de hoxe non temos o pobo de Cangas.
O mesmo sucedeu coas facturas informáticas que se pagaron a unha empresa, a friolera de 412.523,16 € sen xustificación e sin contratos. En ambos grupos de facturas o informe do Interventor é realmente preocupante e esplícito, falando de “serias irregularidades”, irregularidades das que Alternativa non vai ser responsable e dadas as circunstancias, nos gardamos a posibilidade de facer as oportunas xestións legais ao respecto.
Alternativa dos vecinos ten un resultado electoral que nos dou a liberdade plena para votar en conciencia; para seguir traballando na liña que marcamos no noso goberno: transparencia, seriedade e responsabilidade na xestión dos cartos dos vecinos e veciñas e dita línea será a que sempre manteremos.
Cada un é libre de interpretar o voto de AV como queira (venganza, resentimento, etc) pero AV vai seguir a mesma liña de transparencia e fiscalidade de sempre. Sen ceder a chantaxes ou extorsión veñan de quen veñan (goberno, medios de comunicación, etc).