Alternativa maniféstase mañá a prol da lingua en Santiago

A marcha partirá este domingo ás 12h da Alameda e percorrerá as rúas da cidade ata o Obradoiro ao berro de "Lingua vital xa"

Alternativa dos Veciños apoia a manifestación pola lingua que terá lugar o domingo, 23 de Febreiro, Día de Rosalía, en Santiago de Compostela.

A marcha sairá ás 12h da Alameda pola rúa da Senra, Praza de Galicia, Porta da Mámoa, Praza do Toural, rúa do Vilar, Praza das Praterías e Rúa de Fonseca, ata concluír na praza do Obradoiro, onde se lerá o manifesto.

A manifestación será unha demostración da conciencia dos galegos e galegas e da unidade e consenso existente na nosa sociedade respecto a necesidade de coidar e potenciar o uso do galego, ante os preocupantes datos de perda de falantes, especialmente entre as persoas máis novas.

Comparte esta nova!