Alternativa suma o seu apoio aos colectivos e movementos contra o Apartheid e o Xenocidio en Palestina que protagonización nunha nova caravana marítima, de 44 países, coa intención de romper o asedio a Gaza. Para iso apoia a manifestación que se convoca para o sábado, día 30, ás 12 horas entre o Obelisco e O Parrote, na Coruña.
O grupo internacional traa de parar o masacre en curso desde hai case dous anos. Unha primeira quenda de embarcacións sairá o 31 de agosto de Barcelona, á que se unirán máis barcos o 4 de setembro, ao seu paso polas costas de Túnez
Os USA e Israel levan case dous anos arrasando coa Vida en Gaza e deixando todo inabitable. Para iso declaran constantemente a intención de exterminar gazatíes e eliminar todo dereito á organización social e politica de Palestina. Ademáis, aceleran o proceso de violencia e colonización que levan a cabo tamén en Cisxordania, ante a impasividade da comunidade internacional da que formamos parte.
A Global Smud Flotilla, apoiada por personalidades de todo o mundo, é un xeito de achegar unha chama de dignidade e solidariedade coa traxedia que esá a vivir o pobo palestino. Reúne a participantes e organizadores da Marcha Global a Gaza, o Convoi Sumud, Sumud Nusantara e a Coalición da Flotilla da Liberdade, baseándose en décadas de resistencia palestina e solidariedade internacional para transformar a narrativa global e confrontar a complicidade internacional. Independente de calquera goberno ou partido político, a GSF se guía por un compromiso coa xustiza, a dignidade e a inviolabilidade da vida humana.