Alternativa de Arteixo celebrará o sábado 17 de setembro unha manifestación contra os proxectos eólicos

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo celebrará o sábado 17 de setembro unha manifestación contra os proxectos eólicos

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo celebrará o sábado 17 de setembro unha manifestación contra os proxectos eólicos en tramitación e que afectan o municipio de Arteixo, para demandarlle a Xunta de Galicia a súa paralización e anulación.

Alternativa dos veciños de Arteixo continua levando a cabo iniciativas, informando aos afectados e mobilizando á cidadanía para tratar de paralizar os proxectos eólicos que prexudicarían gravemente ao municipio arteixán.

O sábado dia 17 de setembro celebrarase unha manifestación, na que se levará a cabo un percorrido, con saída ás 12:00 horas da Rotonda de Sabón ata chegar a casa do Concello de Arteixo.

“De levarse a cabo os proxectos en tramitación, o municipio de Arteixo quedaría gravemente afectado; prexudicando gravemente o medio ambiente natural do municipio, deixando a numerosas vivendas expostas a radiacións, hipotecando centos de parcelas atravesadas e, tamén seria o golpe definitivo aos núcleos de poboación que están illados e completamente esquecidos polo concello” apunta Noelia Martínez, voceira de Alternativa en Arteixo.

“Como mostra dalgúns dos prexuízos que poderían ocasionar estes proxectos eólicos, temos as liñas de alta tensión que atravesan a Urbanización Sol e Mar na parroquia de Oseiro. Nesta urbanización son máis de 1400 persoas as que teñen que convivir cos efectos provocados polas radiacións que emiten as liñas de alta tensión. Moitas destas persoas padecen enfermidades que con case toda seguridade están relacionadas cunha exposición continua a campos electromagnéticos” matiza Noelia Martínez.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!