Alternativa loitará por manter a calidade da auga nos areais de Sada

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños Sada loitará por manter a calidade da auga nos areais do municipio

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños salienta as oportunidades turísticas do municipio e lamenta a falta de coidado do medio ambiente por parte dos Gobernos anteriores, especialmente na praia urbana das Delicias.

A mala xestión e a falta de preocupación pola contorna provocaron que Sada fose coñecido en moitas ocasións polo feísmotan tristemente asociado a certas zonas de Galicia. No noso concello é necesario un proxecto que, como o de Alternativa, defenda o patrimonio natural e o medio ambiente. É imprescindible loitar para mellorar a calidade das nosas praias, especialmente a das Delicias. Os areais urbanos teñen unhas posibilidades infinitas que pola falta de mantemento e desidia non atraen a un turismo que sería vital para a economía de Sada.

Este mércores 15 de maio ás 20 horas o noso grupo celebrará un encontro coa veciñanza no Centro Social de Carnoedo para presentar esta e outras moitas propostas para o municipio.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS SADA[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!