[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa loitará por acadar un desenvolvemento sostible na Coruña
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños segue a repartir unha publicación por distintas zonas da Coruña para informar dos compromisos do partido da margarita coa cidade. Entre outros asuntos, explícase que a cidade precisa da aplicación de políticas que posibiliten un desenvolvemento sostible.
“Para nós o desenvolvemento sostible non é unha cuestión teórica, senón práctica”, dixo o candidato Pedro Armas. Alternativa dos Veciños leva 40 anos demostrando que é posible que exista un ocio creativo, turismo na natureza ou actividades para unha vellez activa.
“O desenvolvemento sostible non só é paisaxismo. Hai que promover a instalación de enerxías alternativas en edificios públicos, mellorar a eficiencia enerxética e completar a renovación do mapa luminoso da cidade con lámpadas de menor consumo” comentou Armas.
OS COMPROMISOS DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS NA CORUÑA[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]