Alternativa dos Veciños loitará pola creación dun Centro de Día en Bergondo
Alternativa dos Veciños vai facer todo o necesario para lograr un Centro de Día para persoas maiores e dependentes. É necesario dotar a Bergondo dunha instalación que permita prestar este importante servizo ás numerosas persoas maiores que viven no municipio.
“As familias precisan dun apoio emocional e persoal enfocado ao seu propio benestar con actividades específicas. Para asegurar o correcto desenvolvemento e atención destes axentes é preciso seguir levando a cabo e ampliar políticas tales como o Servizo de Axuda no Fogar, Comida Sobre Rodas ou Teleasistencia”, dixo o candidato Juan Fariña.