Alternativa loitará pola creación da Artabriña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa seguirá “dando a batalla” para que a Xunta e o Estado asuman as súas obrigas en materia de mobilidade e transporte público

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Máis de 600 persoas participaron na cea fría celebrada na praza de Esther Pita na que o alcalde e candidato, Ángel García Seoane, falou da creación da Artabriña como un dos principais retos do futuro próximo para a mellora da mobilidade no municipio, especialmente para as localidades de Santa Cruz e Montrove. Alternativa dos Veciños seguirá “dando a batalla” para que a Xunta e o Estado asuman as súas obrigas en materia de mobilidade e transporte público no municipio e en toda a comarca.

Ademais da imprescindible ampliación da ponte Pasaxe, para axilizar o tráfico da avenida Che Guevara, Alternativa dos Veciños ten planificada outra vía, a chamada Artabriña, que decorre máis ou menos en paralelo ao eixo litoral, terra adentro, como unha vía alternativa e sería unha circunvalación de Santa Cruz e Montrove, permitindo ademáis liberar de tráfico motorizado aos principais núcleos de poboación. Todas as persoas que procedan do norte do municipio poderían acceder á N6, á que se conectarían na zona do Seixo, salvando as zonas máis densas de Santa Cruz, Montrove e Perillo.

O acto tamén contou coas intervencións do secretario xeral Felipe Louzán e das candidatas María Esther Garrido, María José Santos e Marta Martínez.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!