Alternativa logra unha subvención da Deputación para finalizar a rehabilitación da Finca Tenreiro

Concello de Oleiros:

Alternativa logra unha subvención da Deputación para finalizar a rehabilitación da Finca Tenreiro

O deputado provincial e alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, logrou unha subvención da Deputación da Coruña de 300.000 euros para que o Concello remate a recuperación do parque e do edificio principal da Finca Tenreiro, en Nós, para crear un albergue xuvenil. Esta actuación, de 457.400,84 euros, executarase en 2022.

Inicialmente a contía desta subvención era de 150.000 euros e ía destinarse á construción dunha área de deporte urbano de parkour e á ampliación da actual pista de skate en Bastiagueiro. Dado o incremento do importe da achega provincial, esa obra pasará a tratarse con fondos propios municipais. Mañá venres, ás 13:00 horas, celebrarase un pleno municipal para adoptar este acordo.

Novas relacionadas