[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa logra na Deputación a aprobación dunha moción para a integración das persoas refuxiadas
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A aprobación do texto implica a creación dun Plan de Integración para as persoas refuxiadas coordinado entre as diferentes administracións para brindarlle acollida ás persoas que veñen fuxindo das guerras provocadas polas potencias occidentais.
Os votos a favor de Alternativa dos Veciños e dos grupos do Goberno –Bloque Nacionalista Galego e PSOE– foron suficientes para aprobar o texto da moción, xa que o resto de grupos –PP, Marea Atlántica e Compostela Aberta– abstivéronse ao considerar as demandas do noso grupo “difícilmente realizables”. O máis crítico foi o Grupo Popular, que falou a través da voceira Susana García de que Galicia e a provincia da Coruña “non poden asumir a acollida de tantas persoas refuxiadas”. O grupo do BNG apoiou o texto da moción co compromiso de iniciar a tramitación dun Plan de Integración para as persoas refuxiadas por entender, en palabras do seu voceiro Xosé Regueira, “que as intencións da moción son boas e é necesario estudar profundamente as posibilidades para evitar a creación de guetos e asegurar a integración das persoas refuxiadas nos núcleos de poboación”.
O voceiro de Alternativa dos Veciños, Ángel García Seoane, lembrou que hai dous anos a moción foi retirada da orde do día co compromiso de iniciar accións que nunca se chegaron nin a levar a comisión: “A situación destas familias é insostible e desde os concellos da provincia, a Deputación e a Xunta, temos as ferramentas para levar a cabo un Plan de Integración para as persoas refuxiadas”A aprobación deste texto é un pequeno triunfo que esperemos que redunde no benestar para moitas desas familias que escapan da guerra e desde Alternativa dos Veciños agardamos que as medidas e o Plan comecen a dar os seus froitos. Sen dúbida temos todo o traballo por facer pero a finalidade o merece.
No seguinte enlace podes ver o texto íntegro da moción aprobada no pleno do 27 de xullo de 2018. [/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]