Alternativa de Arteixo logra que a Deputación constrúa beirarrúas e pasos de peóns en Chamín e Sorrizo

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa de Arteixo logra que a Deputación constrúa beirarrúas e pasos de peóns en Chamín e Sorrizo

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños de Arteixo conseguiu, a través dunha solicitude que realizou o deputado provincial Ángel García Seoane no pleno ordinario da Deputación do mes de setembro, que se vaian a construír beirarrúas e se instalen pasos de peóns na DP-0514 ao seu paso por Chamin e Sorrizo.

O deputado de Alternativa dos Veciños presentou unha solicitude no pleno ordinario da Deputación que se celebrou o pasado día 25 de setembro, na que solicitaba que se adoptarán medidas de seguridade viaria na estrada de titularidade provincial DP-0514, xa que non contaba con ningún paso de peóns ao seu paso polas parroquias de Chamín e Sorrizo no municipio de Arteixo, o que supón un serio risco para os veciños que teñen que cruzar a diario está estrada por onde os vehículos circulan a altas velocidades. García Seoane tamén fixo fincapé na importancia de mellorar a seguridade viaria neste tramo, xa que no lugar da Lagoa na parroquia de Sorrizo hai unha escola infantil.

A solicitude de Alternativa foi atendida polo presidente da Deputación, afirmando no mesmo pleno que se levará a cabo a construción das beirarrúas que faltan neste tramo para así cumprir coa normativa e logo poder instalar os pasos de peóns.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!