incendios 700x400

Alternativa preocúpase pola limpeza de maleza de fincas en Cambre

Ante o incendio ocorrido en Santa María de Vigo e o abandono total de limpeza de fincas que lindan con estradas e camiños, dada a pasividade do Goberno municipal con este tema, Alternativa dos Veciños reclama que se tomen as medidas correspondentes por parte do Concello requirindo aos propietarios o corte de maleza. Especialmente fincas situadas en cascos urbanos, para evitar posibles riscos a propiedades e persoas.

Existe unha normativa da Xunta de Galicia de obrigado cumprimento por parte dos concellos. O concello podería cortar e reclamar o custo da limpeza da finca se os veciños/as que fan caso omiso das normas.

Novas relacionadas